AXÚDASME?



Achégase o Día da Paz e na biblioteca temos moitos libros relacionados co tema. Nalgúns deses libros aparecen persoas que fixeron moitas cousas por mellorar o mundo e quero que coñezades a algunha delas. 

Por iso vos propoño que participedes nun CONCURSO. Tedes que descubrir con quen falan os personaxes de cómic que están nos carteis que coloquei no corredor principal do colexio. 

Tamén podes velos aquí...




Cando saibades os nomes dos cinco defensores da paz que escollín, tedes que pedir unha tarxeta, encher os datos que vos piden e depositala na urna que está na biblioteca. 

O Día da Paz elixiremos a dous gañadores ou gañadoras por ciclo entre todos os que participedes e respondades correctamente.


Para saber quen son, podedes buscar nos libros da biblioteca, nestas presentacións dixitais ou facer as actividades LIM.




 https://plus.google.com/photos/103654673422060990798/albums/5971832212031615089/5971832218208854338?banner=pwa&pid=5971832218208854338&oid=103654673422060990798


(Grazas a tódolos autores por compartir os vosos traballos)