A escritora galega LEDICIA COSTAS resultou gañadora do Premio
Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015.
Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e
Deporte para distinguir unha obra de autor ou autora español/a, escrita en
calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado
ano 2014.
O xurado premiou o libro "ESCARLATINA , A COCIÑEIRA DEFUNTA" por ser "unha obra extraordinaria,
humorística e rompedora" e destacou
tamén “a súa fácil lectura, o seu humor arrepiante, e a súa habilidade para
desmitificar o mundo da morte”.
"Escarlatina, a cociñeira defunta", xa levara o Premio
Merlín de Literatura Infantil, o Premio Fervenzas Literarias, o Premio Xosé
Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, e foi incluído na Lista de Honra
do IBBY (International Board on Books for Young People) para 2016.
Recordade que Ledicia estivo no colexio o pasado mes de maio na nosa biblioteca nunha xuntanza cos nenos e nenas de sexto curso, que precisamente non só leran o libro, senón que tamén recomendaron a súa lectura nun dos programas de animación á lectura que facemos na Radio Municipal de Tui.
Podedes volver a ver fotos de seu paso polo colexio