O PAÍS DOS MANDÓNS

A compañía GHAZAFELHOS representou para nós a obra "O PAÍS DOS MANDÓNS". A actuación tivo lugar no teatro da Área Panorámica e asistiu todo o alumnado e profesorado do noso colexio. A actividade foi organizada  pola ANPA para celebrar xuntos o Día Escolar pola Paz.

Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país do revés, o país das chuches, o país da música, das cores... e no país dos Mandóns... O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio; Grazas a Clara, ese lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñécese como: O País da Igualdade.


Foi unha actividade moi divertida, que axuda a reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres e amosa a importancia que ten repartir as tarefas.


Despois miramos un vídeo no que participaron tódolos nenos e nenas do colexio, titulado "Chocamos os cinco pola Paz" que se realizou á par que o mural ao que chamamos "O Xardín da Esperanza" e que decora unha das paredes do noso colexio.