Celebramos o Día da Muller indo ao teatro da Área
Panorámica. Alí estaba a compañía Ghazafelhos preparada para representar a obra
"Iriña, a bailarina".
O espectáculo propoñíanos reflexionar sobre a igualdade de xénero,
o cambio de roles e os esterotipos sociais.
A obra está basada no conto do mesmo nome da colección A Igualdade
Conta de Edicións Embora.
A protagonista é unha bailarina que vive nunha caixa de música e que desexa
saír e abandonar a súa rol habitual para poder xogar ao fútbol, ser pirata ou
poder engordar. Remata conseguíndoo e comproba que os xogos non entenden de
diferenzas de xénero.