O día 24 de febreiro foi o Día de Rosalía, pero como estabamos en plena festa do Entroido decidimos pospoñer a celebración uns días.
Este curso fixémolo dunha maneira moi especial: compartindo dúas xornadas de poesía cos anciáns e anciás da residencia San Telmo.
O primerio día un grupo visitou o noso colexio e ao día seguinte fomos nós á residencia.
Nos dous sitios tanto nenos coma maiores recitaron ou cantaron os versos de Rosalía e xuntos recordaron á escritora.
Unha vez máis os sorrisos estiveron presentes nas caras dos participantes neste intercambio tan enriquecedor e emotivo para todos e todas.