ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

As nenas e nenos de 5ºA visitaron Radio Tui para compartir cos oíntes un fantástico libro "A señorita Bubble". É un libro gracioso, interesante e cheo de secretos. Conta a historia desta personaxe, unha inventora, a señorita Bubble, que desde o primeiro día que chega á vila toda a xente sinte un odio repentino por ela. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu...